O presente volume recolle dúas comedias de Cándido Pazó: «Ñiquiñaque. Pateticomedia rodante para dous actores» (premio Max ao Mellor Texto teatral en galego 2001) e «O último roedor». «Ñiquiñaque», estreada en marzo de 2000 en Santiago de Compostela pola compañía Ollomoltravía, enfronta a dous únicos persoanxes, Cosme e Damián, cómicos de legua duns trinta e tantos anos, que non se renden na procura do triunfo na escena. Ao longo de seis xornadas os cómicos tirarán derreados do seu motocarro e preparán un clásico “ñiqui-ñaque”, unha nova versión de Montescos e Capuletos, unha función para dous actores que pretenden estrear diante dos responsables do Gran Ducado. Pola súa banda, «O último roedor» é o resultado dunha experiencia de escrita teatral a pé de escena levada a cabo por Pazó no II Marathon Européen de la Création Théatrale 2000 celebrado en Bruxelas con motivo da súa capitalidade europea da cultura. A obra foi estreada en francés en novembro de 2000, no Espace Senghor de Bruxelas, a cargo da compañía belga Canadair. En medio de todo o detrito do sumidoiro, o último roedor debulla unha interminable conta agardando a aparición das ratas e devorar a pútrida opulencia de centos de tetrabriks de tomate frito, supositorios e preservativos usados. Entre as augas esplendorosamente sucias dos sumidoiros, os roedores escriben as máis brillantes páxinas da súa historia, ata que son rescatados polo frautista que lles proporá abandonar o benestar das tebras e saír a campo aberto.
Sinopsis: Open Library
Enlaces de afiliado: AppLibris puede recibir una comisión sin coste para ti. En calidad de Afiliado de Amazon, AppLibris obtiene ingresos por las compras adscritas que cumplen los requisitos aplicables.
Nadie ha contado aún qué le pareció. ¿Lo has leído?


