Portada de A esquerda ante o colapso da civilización industrial

A esquerda ante o colapso da civilización industrial

Manuel Casal Lodeiro

Asociación Touda · 2015 · 265 páginas

Aún sin valoraciones de lectores

Sinopsis

Tras ter coordinado a exitosa *Guía para o descenso enerxético: preparando unha Galiza pospetróleo*, Manuel Casal Lodeiro, membro fundador da asociación Véspera de Nada, aborda nesta ocasión o aspecto político da transición urxente a un mundo pospetróleo. Cun enfoque especial nas forzas políticas galegas, pero ollando tamén a outros ámbitos achegados onde teñen xordido ultimamente esperanzas dunha mudanza política (Podemos, Syriza), *Casdeiro* repasa os atrancos da esquerda para asumir a situación de choque civilizatorio contra os límites biofísicos do planeta e cómo fica descolocada perante a perda de referentes sagrados como o protagonismo da clase obreira ou o mito do progreso material imparable da Humanidade. Este ensaio tamén olla para algunhas das propostas máis interesantes que dentro da esquerda xordiron cunha perspectiva máis coherente da situación de colapso: o Decrecemento, o Ecofeminismo, a Revolución Integral… e tenta debuxar os posibles escenarios estratéxicos cos que debería xogar unha esquerda consciente do rumo de colapso civilizatorio. Un libro imprescindible para as persoas que militan en organizacións de esquerda, mais tamén para todas aquelas que depositan o seu apoio e esperanza de cambio en forzas de esquerda novas ou tradicionais, e mesmo para as que, desde posicións libertarias, optan por construíren a nova civilización poscapitalista desde abaixo e contra o Estado. En palabras da súa prologuista, Teresa Moure, é este un libro “provocador”, “didático” e “ameno” que procura facer “acordar as consciências dormidas” para abrir un debate urxentemente necesario.

Sinopsis: Open Library

Dónde conseguirlo

Enlaces de afiliado: AppLibris puede recibir una comisión sin coste para ti. En calidad de Afiliado de Amazon, AppLibris obtiene ingresos por las compras adscritas que cumplen los requisitos aplicables.

Reseñas

Nadie ha contado aún qué le pareció. ¿Lo has leído?

Similares